GALICIA
A Xunta destina 7,7 millóns de euros a financiar a gratuidade nas escolas infantís municipais
O Diario Oficial de Galicia publica a orde de axudas para o novo curso, coa que está previsto subvencionar a 138 centros de toda Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde axudas para dar continuidade no curso 2023-24 á gratuidade das escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o 100% do alumnado. O importe destinado a esta liña de axudas é de 7,7 millóns de euros e está previsto subvencionar a 138 centros de toda Galicia.
As entidades que se acollan a estas axudas recibirán un pagamento anticipado do 100% das cantidades correspondentes á primeira anualidade e de ata o 90% da achega que corresponda ao ano 2024. A partir de mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes dos días 1 ao 30 do vindeiro mes de setembro.
Con esta medida, a Xunta asume as contías que terían que aboar á escola infantil municipal unhas 6700 familias galegas durante once meses, as cales non terán que pagar nada pola atención educativa de 0 a 3 anos dos seus fillos. Estas familias únense ás máis de 23.000 que leven aos seus nenos ás escolas infantís da Xunta, ás de entidades sociais ou ás privadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111