TURISMO
A Xunta destaca a relevancia das Meninas de Canido
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros participaron na presentación
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na presentación do 16º Festival Meninas de Canido, que tivo lugar na Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, onde Merelles indicou que son un dos produtos turísticos máis orixinais e senlleiros dos que se ofertan nas cidades galegas, converténdose nun dos mellores escaparates da cidade departamental.
O director de Turismo de Galicia resaltou que o proxecto Meninas de Canido, non é só coñecido en Ferrol, senón tamén no resto de España, e achega valores únicos que ademais de fomentar a arte nos espazos urbanos, crea un produto turístico propio da cidade de Ferrol.
Segundo manifestou o director de Turismo, a orixinalidade coa que se trata a obra de Velázquez no barrio de Canido, en Ferrol, vén complementar tamén de xeito moi especial a oferta turística da cidade, o que fai moito máis atractiva a visita dos turistas.
Finalmente Merelles felicitou ao organizador desta iniciativa, que logo xa de 16 edicións, non deixa de sorprender pola súa orixinalidade, e que ano tras ano poñen en valor o barrio de Canido, e por ende á cidade de Ferrol.
Por outra parte, Xosé Merelles referiuse aos últimos datos de ocupación turística de Galicia publicados hoxe polo INE, segundo os que Galicia rexistrou nos primeiros sete meses do ano 3,7 millóns de turistas con 6,8 millóns de noites.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149