MOS
Arranca ‘O Son do Pazo’
Xisco Feijoó, Mondra ou Elizabeth Davidson-Blythe & Daniel Quayle figuran entre os nomes máis destacados da programación deste ano
A contorna do Pazo de Mos xa está preparada para acoller a oitava edición do festival ‘O Son do Pazo’. Este sábado, 2 de setembro, arrancará a programación xa pola mañá coa celebración das primeiras Olimpíadas Rurais, unha competición aberta á inscrición de todas as persoas con ganas de pasar un bo rato demostrando as súas habilidades para debullar espigas de millo, trasladar a gran velocidade pacas de palla en carretilla ou lanzar un sacho á maior distancia posible. Ás 11:30h arrancará o percorrido pola parroquia dos tractores e chimpíns engalanados que darán paso, a partir das 13:00h ás probas das distintas disciplinas. Haberá, ademais, un posto onde se servirá porco ao espeto, animación de rúa a cargo dos Treboeiros da Muimenta de Sobrada e, xa ás 20:00 horas, actuación de O Fiadeiro.
Pola noite, a música chegará ao escenario principal da man da banda de gaitas anfitrioa, Airiños do Castelo, que dará paso ao dúo da Illa de Man Elizabeth Davidson-Blythe & Daniel Quayle. Con esta actuación, a organización quere facer unha aposta firme pola internacionalización do festival, polo que pasarán tamén bandas e artistas de referencia da escena folk e ‘tradi’ de Galicia. Unha boa mostra son os outros nomes que completan o cartel do sábado: De Ninghures, Xisco Feijóo e Mondra. Sons enxebres mesturados con vangarda musical nun evento de acceso libre e gratuíto para todo o público interesado. Durante a noite farase entrega, ademais, do Premio Mestre Machiño ao mestre e divulgador da música tradicional Xurxo Jachía.
Sesión vermú
O Son do Pazo renova este ano o seu formato e estende a súa programación durante toda a xornada do sábado e tamén o domingo a mediodía. A partir das 12:00h, Brais das Hortas encherá o recinto do festival de música e humor para toda a familia; Adrao Casal convidará ao público asistente a participar nun obradoiro de baile tradicional e a banda Tanto Nos Ten porá o broche de ouro a unha sesión vermú na que haberá tamén polbo e comida a prezos populares. Como en edicións anteriores, a zona de acampada estará instalada no pavillón Patricia Martínez e o recinto do festival contará cunha carpa para garantir a celebración de todos os concertos e as actividades incluídas na programación con independencia das condicións meteorolóxicas.
O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entidade organizadora do Son do Pazo, conta coa colaboración a nivel institucional da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, así como da Comunidade de Montes de Mos e a Fundación Pazo de Mos. Ademais, son numerosas as empresas que farán posible, a través do seu patrocinio, a celebración destaa oitava edición do festival.
Programación e horarios ‘O Son do Pazo’ 2023
SÁBADO 2 DE SETEMBRO
Recinto do Festival
11:00 Concentración de tractores e chimpíns e inicio do percorrido
13:00 Actuación dos Treboeiros da Muimenta de Sobrada, porco ao espeto e inicio das I Olimpíadas Rurais.
Praciña do Pazo
20:00 O Fiadeiro
Palco principal
21:00 Airiños do Castelo
21:40 Elizabeth Davidson-Blythe & Daniel Quayle 22:55 De Ninghures
00:10 Xisco Feijoó
01:25 Mondra
DOMINGO 3 DE SETEMBRO Recinto do Festival
12:00 Brais das Hortas
13:00 Obradoiro de baile Adrao 14:15 Tanto nos Ten

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60