Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 16:17:22 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 1000 persoas participan esta fin de semana no programa da Deputación “En Ruta coa Depo”

Veciños de Agolada, Baiona, Bueu, Cangas, A Estrada, Lalín, A Lama, Marín, Moaña, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Silleda, Soutomaior e Vigo participan en 19 saídas para coñecer lugares singulares da provincia

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana 19 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Agolada, Baiona, Bueu, Cangas, A Estrada, Lalín, A Lama, Marín, Moaña, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Silleda, Soutomaior e Vigo mobilizarán un total de 967 persoas para coñecer lugares da provincia como a illa da Toxa, O Grove, a ría de Arousa, a Illa de Ons, as Illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo, a Illa de San Simón ou a illa de Tambo.

 

O sábado 2 de setembro nove entidades da provincia participarán no programa da Deputación “En Ruta coa Depo”. Cara a Illa de Ons e Portonovo sairán a Asociación de Veciños de San Vicente e Canedo de Ponteareas, A Asociación Cultural Xeración Nós Borraxeiros de Agolada e a ANPA Covaterreña de Baiona. A Asociación Veciñal Deportiva e Cultural a Miñoteira de Redondela visitará a Illa da Toxa e o Museo da Sala do Grove. A Asociación de veciños de Alxán de Soutomaior e a ANPA os Muíños do Colexio de Educación Infantil e Primaria Alexandre Bóveda farán o percorrido polas Illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. A ruta de cultura mariñeira polo mosteiro de Poio, a Illa de Tambo e Combarro será realizada pola Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores de Vigo e a Asociación Mulleres en Igualdade do Rosal. Por último, a Asociación de Viticultores San Martín de Bueu percorrerá a Illa de San Simón, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio e o Museo Meirande de Redondela.

 

O domingo 3 son dez as entidades que participarán no programa. A Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, a Asociación Cultural Amigos da Vieira de Bueu e a Asociación de Mulleres de Seixido da Lama percorrerán a Ría de Arousa. Ata as Illas Cíes desprazaranse a Asociación Cultural Charaviscas de Domaio e a Asociación Cultural Museo do Mar de Marín. O Comité para a Xestión de Proxectos Europeos do Municipio de Silleda e a Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Cora visitarán a Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. A Asociación de Mulleres Escola Vella do Hío de Cangas e a Asociación Mulleres de Soutolongo de Lalín visitarán a Illa de Tambo, Combarro e o mosteiro de Poio. Finalmente, a Asociación cultural San Nicolás de Prado de Ponteareas percorrerá o Museo Meirande de Redondela, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio e a Illa de San Simón.


A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra fomenta a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.