Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño pon en marcha unha nova edición de `Galegas Dixitais´

A actividade formativa desenvolverase entre os días 3 de outubro e o 14 de novembro no Multiusos de Torneiros, en horario de tarde

[Img #83793]Tras o éxito das pasadas edicións e ante a demanda existente, o Concello do Porriño pon en marcha unha cuarta quenda do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.


A actividade formativa desenvolverase entre os días 3 de outubro e o 14 de novembro no Multiusos de Torneiros. O horario será de tarde, de 16 a 21 h..


“O obxectivo deste curso é mellorar a empregabilidade, impulsar o emprendemento e reducir a fenda de xénero”, explicou a concelleira, Rosario Costas, “Como nas pasadas edicións, todas as participantes recibirán gratis un ordenador portátil co que realizar o curso e, unha vez finalizado, poñer en práctica o que aprenderon”.


O programa formativo contempla tres bloques de 40 horas de duración cada un deles: Competencias Dixitais Básicas, Competencias Dixitais Avanzadas e Competencias Dixitais para o Emprendemento.


As interesadas poden inscribirse enviando un email a orientacion@porremprego.org ou orientacion@oporrino.org, tamén presencialmente nas oficinas de Porremprego, ou chamando aos teléfonos 604 039 575 ou 986338217.
Esta formación está financiada polos Fondos Europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.