Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Xoel López, Iván Ferreiro e Los Punsetes encabezan a vintena de bandas e artistas que reúne o Season Fest en Gondomar

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación desta quinta edición, que se desenvolverá do xoves 21 ao domingo 24 e na que tamén actuarán Pablo Novoa, Triángulo de Amor Bizarro ou a portuguesa Capicua

Xoel López, Iván Ferreiro e Los Punsetes encabezan a vintena de artistas e bandas no cartel do Season Fest, que terá lugar do 21 ao 24 de setembro en Gondomar co apoio da Xunta. Pablo Novoa será o encargado de abrir o xoves 21 esta quinta edición do encontro, ao que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe a través da súa marca FEST Galicia e da convocatoria anual de subvencións a festivais profesionais de música e de artes escénicas. Mediante estas axudas, en 2023 destínanse 575.000 euros a 26 eventos considerados estratéxicos en cadanseu ámbito artístico.


O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acompañou esta mañá o equipo organizador do festival na presentación que tivo lugar na Casa Peralba de Gondomar e na que tamén participaron os representantes do resto das institucións e empresas colaboradoras. Na súa comparecencia, salientou “a riqueza e diversidade” do menú musical que lle brindará ao público o evento, cuxa calidade fica máis que demostrada por desenvolverse baixo o paraugas de FEST Galicia. Con esta marca, lembrou, a Xunta difunde a nosa Comunidade como destino musical de calidade desde os planos das ofertas artística e turística, da sustentabilidade e mais da profesionalidade na xestión.


Nova sede
O Season Fest inaugura en 2023 unha nova etapa en Gondomar, adiando tamén as súas datas de celebración, coa que busca mellorar a experiencia do público a diferentes niveis. O responsable de Industrias Culturais trasladoulle á organización a súa plena confianza en que, desde a súa nova sede en Gondomar, volverá repetir o éxito de cada ano e continuará a súa senda cara á consolidación no circuíto galego de festivais.


O encontro musical, que este ano se suma á axenda global de máis 2500 actividades artísticas que a Xunta está a impulsar ao longo do verán baixo o lema A cultura en Galicia é un CulturON,  repartirá as súas actividades entre tres recintos: a Casa Peralba e o parque das Ánimas, que acollerán os concertos, e o parque da Coelleira, onde quedará instalada a Zona Gastro e terá lugar unha serie de actividades pensadas para o público infantil.

 

Tras o concerto inaugural de Pablo Novoa & Friends, o programa continuará na noite do venres coa actuación de Los Punsetes. A banda madrileña comparte cartel nesta segunda xornada con Sr Jingles, Habitación Vudú, Visions of Johanna e Señora DJ.

 

O sábado resérvase para tres dos nomes máis potentes desta quinta edición: Xoel López, Iván Ferreiro e Triángulo de Amor Bizarro.  Nesta terceira xornada tamén tocarán Aeronave Adolescente, Xenia, Margarita Quebrada e Anabel Lee. As sesións de Divergente DJ e Señora DJ pecharán a noite.

 

Xa o domingo, a rapeira portuguesa Capicua, Abraham Boba DJ, Querido, Firmado Carlota, Lusillón, Tarde a Todo e Divergente DJ serán os encargados de pechar esta quinta entrega do Season Fest, para a que están á venda na súa web tanto os bonos como as entradas por día.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.