O PORRIÑO
A Ludoteca Municipal volve abrir as súas portas este mes de setembro
Este recurso gratuíto desenvolverase do 11 ao 28 deste mes no Centro Cultural Municipal en horario de tarde
O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en este mes un servizo gratuíto de ludoteca dirixido aos máis pequenos e pequeñas da casa. Este recurso estará disponible dende o vindeiro luns 11 de setembro e ata o día 28 do mesmo mes, en horario de tarde, de 16 a 20 h, pero o concello traballa para dar continuidade ao mesmo co fin de facilitar a conciliación familiar.
A concelleira explicou que se desenvolverá nas instalacións do Centro Cultural municipal e poderán facer uso os/as nenos/as de entre 3 e 12 anos inclusive. Cabe destacar que non se require inscrición previa, todas as persoas que queiran usar este servizo deberán dirixirse ao Centro Cultural a partir do luns 11 e facilitar os seus datos persoais, incluíndo o seu DNI e teléfono de contacto, así como o nome, apelidos e data de nacemento do/da neno/a.
Na mesma ficha ou plantilla sinalarase o día e a hora de entrega e recollida.
A ludoteca estará aberta de 16 a 20 h e o aforo está limitado a 50 usuarios/as.
“Traballamos para mellorar a conciliación da vida persoal e laboral das familias do Porriño impulsando medidas que, dentro das nosas competencias, poidan consolidarse na vila”, concluíu a edil.
Este recurso que engloba diversas actividades forma parte do Programa “Medidas de impulso por unha mellora na búsqueda de emprego e incorporación ao mercado laboral das mulleres con cargas familiares”, cofinanciado pola Federación Española de Municipios e Provincias FEMP e o Instituto da Muller.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49