Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 09:43:05 horas

Xornal21.es
Domingo, 10 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Fomento do comercio local en Mos

‘Queda en Mos’ potencia o autoconsumo en negocios do municipio e levarase a cabo o domingo 17 de setembro na contorna do Multiusos

O evento ‘Queda en Mos’ dará un impulso ao comercio abrindo unha nova etapa para a economía local. O Concello de Mos dinamiza este encontro multisectorial entre os comerciantes e profesionais locais para estimular o asociacionismo e a visibilización.

 

Esta semana no Multiusos das Pozas, tivo lugar a presentación do novo proxecto 'Queda en Mos'. No evento, reuníronse os responsables da iniciativa, que ten como obxectivo dinamizar accións beneficiosas para promover e impulsar o comercio local, a hostalaría e o turismo mosenses.

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañada pola concelleira de Emprego e Participación cidadá, Julia Loureiro, presentaron as primeiras accións do proxecto 'Queda en Mos' como o punto de partida das accións que se desenvolverán.

 

Na presentación, revelaron nunha proxección de vídeo a nova identidade corporativa que simboliza ao sector e anunciaron a celebración dun evento expositivo dos comerciantes que estará aberto a todo o público.

 

Os comerciantes aportaron a este acto de presentación unha cesta con agasallos que se sorteará para todo o público no día do evento.

 

Segundo Arévalo, a identidade corporativa representa ás dez parroquias mosenses unidas polo comercio. Destacou o apoio do Concello aos comerciantes coa organización da I edición do evento ‘Queda en Mos’ que terá lugar no Multiusos das Pozas o domingo 17, a partir das 10:00h ata as 21:00h; e no que xa confirmaron a súa presenza más dunha vintena de negocios locais.

 

Os empresarios participantes proceden de todas as parroquias de Mos e a exposición conta tamén con emprendedores, algún deles destacando pola seu enfoque innovador a nivel local e outros a nivel internacional.

 

Sinalaron que os comerciantes recibirán ao público mosense e visitantes para que poidan coñecer os negocios locais, os seus produtos e servizos. Haberá un ambiente similar ao dun centro comercial aberto con hostalaría, actividades infantís e espazo para demostracións dos comerciantes.

 

A concelleira confirmou a participación artistas emerxentes e destacou a actuación musical da asociación das folclóricas 'Lagharteiras' de Mos que participaron no himno do Centenario do Real Club Celta con C.Tangana. O grupo de pandereteiras actuarán ás 12:30h e asegura ambiente de lecer, entretemento e diversión para adultos e público infantil.

 

A alcaldesa concluíu o acto de presentación cun chamamento ao emprendemento, á unión comercial e á óptima utilización dos recursos dispoñibles, como os programas de apoio das institucións ás iniciativas comerciais e o contexto do proxecto promotor 'Queda en Mos’.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.