O PORRIÑO
Merca na Rúa aprázase pola choiva e celebrarase os días 15 e 16 de setembro
Instalaranse 24 postos na rúa peonil que ofrecerán importantes descontos nunha ampla gama de produtos
As previsións meteorolóxicas para esta fin de semana obrigan a pospoñer a vixésimo oitava edición da feira de oportunidades prevista para este sábado e domingo. Tal e como anunciaron hoxe dende a Asociación de Comerciantes do Porriño (Acipor) e o Concello do Porriño finalmente Merca na Rúa celebrarase o vindeira semana, o venres 15 e o sábado 16 de setembro en horario ininterrompido de 10 a 21 h.
Serán 24 os postos que se instalarán na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algúns dos artigos nos que se pode atopar importantes descontos.
Para facilitar as compras ás familias o sábado pola mañá haberá inchables para os máis pequenos, de 10 a 14h, e pola tarde obradoiros infantís da man de Hypatia e clases de baile, animación e actuacións con Studio57.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, convidou a todo o mundo a visitar O Porriño e beneficiarse das grandes ofertas do comercio local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49