VIGO
O Primavera do Cine aborda o seu cuarto día de proxeccións
Último pase dos bloques de curtas galegas no auditorio do concello
Cuarto día do festival Primavera do Cine no que as proxeccións concéntranse no auditorio do concello. Será a última oportunidade para poder ver os dous bloques de curtametraxes galegas en sección oficial: As moradías do vento (19:00 h.) e Denuncia do equilibrio (20:30 h.).
Posteriormente, en horario de 22:00 h, proxéctase a longametraxe Liña de fuga, que será presentada pola súa directora, Marta Blanco. Un filme que comezou co encargo dunha peza audiovisual por parte dunha compañía de danza e rematou convertíndose nun proxecto de longametraxe no marco do Festival Linha de Fuga de Coimbra. A película participa na sección oficial de longametraxes sometida a un premio do público e outro do xurado.
Paralelamente ás proxeccións celebrarase, no Instituto Camões en horario de 19:00 h, unha master class impartida pola investigadora e cineasta Adriana Páramo titulada Análise sobre o informe CIMA GALICIA: A Representatividade e Representación das mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020.
A participación na master class é gratuíta ata completar aforo. As inscricións formalízanse enviando un correo a primaveradocine@gmail.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217