Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O Pavillón de Sanguiñeda verá renovada a súa cuberta

Mos aprobou onte por unanimidade en Pleno unha transferencia de crédito para melloras deportivas

Onte aprobouse por unanimidade dos membros do Pleno do Concello de Mos, durante unha sesión extraordinaria convocada no salón de sesións da Casa Consistorial, a transferencia de créditos do orzamento municipal para destinalos a melloras deportivas. Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, quenes apuntaron que se realizará un investimento de preto de 61.000 euros en melloras de dotacións deportivas, concretamente 60.825,92 euros; dos cales 48.325,92 euros destinaranse á reforma da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda e 12.500 euros a adquisición de material deportivo.

 

Arévalo, rexedora local mosense, explicou que a actividade no Pavillón de Sanguiñeda quedará interrompida para poder levar a cabo a obra, que quedará rematada antes do 31 de decembro deste ano. A reforma da cuberta deste pavillón era moi necesaria e suporá unha importante mellora para os usuarios do mesmo, entre eles o alumnado e comunidade educativa do CEIP Mestre Valverde Mayo.

 

Os traballos a realizar solucionarán as humidades existentes mediante a actuación na cuberta exterior, con deterioro do seu estado de conservación dada a súa antigüidade.

 

En canto á adquisición de material deportivo, a edil de Deportes informou de que incluirá sendos marcadores para os campos de fútbol municipais das Baloutas e Cototorrón, así como elementos para exercizos para o ximnasio e a piscina do Pavillón Óscar Pereiro e para o propio Pavillón de Sanguiñeda.

 

Dos 48.325,92 euros que se investirán na cuberta de Sanguiñeda, 38.660,73 euros financiaranse graza a subvebción da Xunta de Galicia e o Concello asumirá os 9.665,19 euros restantes. Por outra banda dos 12.500 euros destinados a material deportivo, adquirirase con subvención autonómica material por importe de 10.000 euros e o Concello aportará 2.500 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.