Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
Galicia

A Xunta apoia coa adquisición dun vehículo ao centro Juan María de Nigrán

Ana Ortiz visitou este pasado sábado xunto ao alcalde de Nigrán a entidade situada en Panxón tras a aprobación dunha subvención de 47.713 euros para a adquisición dun vehículo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este sábado o Centro Juan María de Nigrán tras a concesión por parte do Goberno galego dunha axuda de 47.713 euros para a compra dun vehículo a través da Asociación Benéfica Social de Pais e Amigos Esperanza do Val Miñor.


“Quero destacar ante todo o gran labor que se realiza desde a entidade, responsable de xestionar o centro Juan María de Nigrán, para mellorar a atención dos seus usuarios”, destacou a representante autonómica durante o percorrido polas instalacións no que estivo acompañada polo alcalde de Nigrán, Juan González.


Ana Ortiz sinalou que “o traballo do centro é vital para ofrecer ás familias calidade de vida no coidado das persoas que a necesiten e a Xunta de Galicia sempre vai estar ao seu lado para axudar en todo o que necesiten”.


A Consellería de Política Social concedeu a axuda a través das subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.