Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 12 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos abre o prazo de solicitude para as axudas de libros e material escolar e comedor

O Concello duplicou a partida orzamentaria anual para libros e material e triplicou a de comedor

Co inicio do curso escolar 2023-24 que hoxe comeza, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, informan da apertura tamén do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor. O prazo estará aberto ata o 29 de setembro.


A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, lembrou a este respecto que a partida do orzamento anual de Educación incrementouse este ano 2023, pasando de 495.255,50 euros en 2022 a 506.836,10 euros en 2023, potenciando a actividade extraescolar de inglés para a obtención do Certificado Trinity nas escolas, triplicando a contía dedicada ás axudas para comedor escolar, duplicando a de material, e incrementando tamén a da Aula Madruga.


Os departamentos municipais de Educación e Política Social explican que a apertura hoxe do prazo de solicitude das axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor, para o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do noso municipio, ten como obxectivos principais os de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e apoiar as familias con dificultades socio-económicas.


As axudas de material escolar están dirixidas ao alumnado escolarizado nos centros educativos do Concello de Mos, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata secundaria, sendo as contías máximas que se poden conceder as seguintes:
· Educación Infantil (1º ciclo)................ata 40,00 €  
· Educación Infantil (2º ciclo)................ata 80,00 €
· Educación Primaria..............................ata 80,00 €
· Educación Secundaria..........................ata 80,00 €.

 

Das axudas de comedor escolar poderán ser beneficiarias as familias con menores matriculados nos CEIP Públicos do noso Concello (CEIP Atín-Cela, CEIP Mestre Martinez Alonso, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Pena de Francia e CEIP Petelos), e a axuda será de 2€/menú/día, que se aboarán trimestralmente unha vez xustificado o gasto.


As familias que queiran solicitar as axudas poden consultar as bases e a documentación complementaria a presentar na páxina web do Concello de Mos, ou no departamento de Educación, cuxas oficinas están no Edificio Multiusos. As solicitude e documentación deben ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica en www.mos.es.


Para calquera dúbida poden pórse en contacto no correo electrónico educa@concellomos.es ou no telefono 986 339 404.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.