Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 15 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño busca novos artistas musicais nunha nova edición de `Tes Talento?´

O concurso celebrarase na praza do Concello, o día 22 de setembro terá lugar a semifinal de adultos e o 1 de outubro ás 17 h será a gran final

Chegan ao Porriño as Festas do Cristo e con elas unha nova edición do concurso musical `Tes Talento?´, que como cada ano dará unha oportunidade de promoción a grupos de música e solistas emerxentes.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto co concelleiro de Festexos e Cultura, Bienvenido Estévez, presentou  o certame na praza Arquitecto Antonio Palacios, nun que contou tamén coa presencia do segundo clasificado da anterior edición, Iker Faure, que deleitou aos viandantes con varios temas para ir quentando motores.  


“Seguimos buscando novos talentos que sabemos que no Porriño e na nosa contorna os temos e moitos”, apuntou o alcalde, “No noso pobo hai unha enorme inquedanza musical e proba diso é a boa acollida que cada ano ten este concurso. Por iso dende o Concello estamos aí con eles, para apoiar os seus soños e darlles a oportunidade de compartir a súa música”.


O concurso celebrarase na praza do Concello, o día 22 de setembro terá lugar a semifinal de adultos e o 1 de outubro ás 17 h será a gran final. Previamente haberá unha preselección, pechada ao público o día 15 de setembro no auditorio municipal, tanto para a categoría de infantil como para a de adultos.


O prazo de inscrición aínda está aberto, e todos aqueles que queiran apuntarse poden facelo ata o 14 de setembro nas dependencias do Rexistro do Concello do Porriño, en horario de luns a venres de 9 a 14h. As bases poden consultarse nas páxinas web  municipais www.oporrino.org e www.ecultura.net .


Outorgaranse tres premios na categoría adultos, o primeiro con 400 euros, trofeo e a gravación dun tema ou vídeo promocional, un segundo con 250 euros e un terceiro con 150 euros. Os tres finalistas clasificados en infantís recibirán un lote de produtos escolares e o trofeo do concurso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.