Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López garante o apoio da Deputación ao SeaFest

O presidente da Deputación e a vicepresidenta Marta Fernández-Tapias selaron co presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Francisco Javier Touza, o acordo para impulsar no 2024 o Festival ARVI do Peixe

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto á vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, acaban de reunirse no Pazo provincial co presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Francisco Javier Touza, para abordar liñas de colaboración para impulsar o sector pesqueiro da provincia. No marco do encontro, López garantiu o apoio da Deputación no 2024 ao Seafest, o Festival ARVI do Peixe, e amosou a súa vontade de estendelo aos concellos da provincia.

 

Para Luis López este festival, impulsado pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo na cidade olívica, “é fundamental para espallar a cultura gastronómica da provincia pero tamén os produtos das nosas rías, a nosa industria pesqueira así como os deportes náuticos ou de praia e as experiencias a carón do mar que se poden gozar na nosa provincia”. Por estes motivos, o presidente comprometeuse a apoiar o festival no 2024, tras ter sido suspendido este ano, e tamén a espallar todo o que Seafest aporta á cidade de Vigo ao conxunto da provincia de Pontevedra, achegándose ao resto dos seus concellos.

 

Ademais de enxalzar a importancia do festival, referente estatal na gastronomía do mar, o presidente tamén aproveitou para coñecer de primeira man o traballo que ARVI desenvolve para impulsar o sector pesqueiro da cidade e do conxunto da provincia. “Teñen sido e son fundamentais para consolidar á cidade de Vigo como capital europea da pesca”, remarcou López sobre a entidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.