GALICIA
A Xunta rexeita as falsas acusacións sobre filtracións nas visitas de inspección
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, compareceu esta semana no Pleno do Parlamento de Galicia
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, rexeitou , “de forma taxativa e contundente”, que se avise previamente aos centros de servizos sociais das datas das visitas dos inspectores, asegurando que son totalmente infundadas, carecen de calquera veracidade e fanse sen ningún tipo de proba. Fabiola García sinalou que estas falsas acusacións non se poden tolerar porque desacreditan sen evidencia ningunha o traballo do servizo de Inspección.
Nunha comparecencia no Pleno do Parlamento de Galicia, a conselleira defendeu a absoluta confidencialidade da planificación das visitas de inspección, á que soamente ten acceso o persoal inspector e funcionarios de carreira que forman parte do equipo de inspección. Así mesmo, considerou de moi graves e dunha enorme irresponsabilidade as acusacións sen probas porque xeran inseguridade aos usuarios dos centros e ás súas familias.
Ademais, a conselleira defendeu a importancia que ten o traballo da Inspección de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, ao tratarse dun servizo público fundamental que sustenta a calidade dos centros e das actividades das que fan uso moitos galegos. Neste sentido, apuntou que neste ano xa se superaron as mil visitas, que derivaron en expedientes cando así o consideraron oportuno os inspectores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126