O PORRIÑO
Avanzan os traballos de mellora do firme e saneamento en Pego
Actúase nun tramo de 354 m mellorando o firme, a drenaxe e a rede de saneamento de augas fecais
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, supervisaron esta semana os traballos de mellora do asfaltado e saneamento que se están a desenvolver nun vial de Pego-Fonteliño, na parroquia de Atios.
“As obras mellorarán o firme, a drenaxe e a rede de saneamento de augas fecais deste camiño, que actualmente se atopa en mal estado sendo necesaria a rehabilitación integral do asfaltado así como a recollida de residuais”, explicou o alcalde que, informou de que se están a desenvolver no marco deste proxecto outros traballos na mesma parroquia, concretamente en Pego-Pontenova e no Buraco, así como na parroquia de Cans. “Seguimos traballando ata chegar a todos e cada un dos camiños do municipio”, concluíu o alcalde.
Actuarase nun tramo de 354 m, cunha anchura media de 5,5 m. Ampliarase a plataforma do vial nunha superficie de 18 m2. A capa de rodadura extenderase nunha superficie de 1.945 m2. Está tamén proxectada unha canalización de recollida de augas residuais de PVC liso de diámetros 250 mm y 315 mm.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49