VIGO
A Semana Azul como “instrumento ideal” para difundir o alto valor social e cultural das actividades náuticas
A delegada territorial da Xunta e o secretario xeral para o Deporte participaron onte xoves na presentación da cuarta edición do evento que organiza o Clúster Náutico Ría de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron onte xoves na presentación da IV Semana Azul que organizará o Clúster Náutico Ría de Vigo desde o 30 de setembro ao 8 de outubro. Os representantes autonómicos destacaron a iniciativa como un “instrumento ideal” para difundir o alto valor social e cultural das actividades náuticas.
Nun acto celebrado no Edificio de Sesións do peirao de Transatlánticos e acompañados pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e polo presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, foi presentada a cuarta edición dun evento no que os asistentes poderán gozar de experiencias únicas na ría de Vigo, que van desde cruceiros guiados ata actividades de iniciación a distintos deportes, charlas e exposicións.
“Estamos ante unha excelente actividade e un instrumento ideal para difundir a nosa relación co mar, unha canle extraordinaria para o intercambio cultural no noso territorio”, destacou Ana Ortiz durante a súa intervención. Pola súa banda, José Ramón Lete incidiu “na importancia das actividades náuticas como parte esencial para o desenvolvemento social e económico de Galicia, o que ten a súa replica no ámbito deportivo”.
O programa da IV Semana Azul permitirá aos participantes aprender elaboracións no showcooking, pero tamén practicar snorkel nas Islas Cíes ou visitar o observatorio submarino “Nautilus”, o “Hidria II” ou barco “Peregrina” da Armada Española. Ademais, para fomentar a concienciación ambiental, Ecoembes ofrecerá charlas de formación e concienciación en colaboración coa Semana Azul e instalaranse distintas exposicións gratuítas de temática mariña nas instalacións da Estación Marítima de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217