VIGO
A Xunta financiará máis cursos duais para persoas desempregadas en Vigo
A delegada territorial de Xunta en Vigo destaca o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral das persoas sen emprego a través de obradoiros duais
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, confirmou que o Goberno galego financiará con 796.569,30 euros os talleres duais de emprego no municipio vigués. Así o avanzou a representante autonómica durante a clausura do II Obradorio Forestal Montes de Vigo que se levou a cabo o pasado venres no parque Maruxento de Matamá.
Ortiz confirmou unha achega de 531.046,20 euros para o curso Vigo Capacita IX, concedidos a través do Concello de Vigo, e outros 265.523,10 euros para o III Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través da Mancomunidade de Montes. A financiación permitirá que 30 personas sen emprego melloren a súa cualificación ao tempo que acceden a un traballo.
Neste sentido, a delegada territorial tamén detallou que a nova convocatoria deste programa mixto de formación e emprego dirixida á realización de obradoiros, permitirá chegar no caso de todos os municipios da área viguesa a un total de 190 persoas desempregadas cunha financiación de 5,04 millóns de euros.
Compromiso da Xunta
A representante autonómica enfatizou o compromiso do Executivo galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos. Fixo así especial fincapé na ampla dimensión destes programas, por canto melloran a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.
Ana Ortiz subliñou que as actuacións propostas contribúen a mellorar os espazos públicos e a ofrecer servizos de interese xeral e social, incrementando o emprego nos concellos. Estes obradoiros, que está previsto se poñan en marcha antes de finalizar o ano, ofrecen formación e emprego a 190 persoas, que contarán cun contrato de traballo durante a súa participación na actividade e, ao finalizar a etapa formativa, acreditarán as ensinanzas recibidas cun certificado de profesionalidade.
Obradoiros na área territorial
Ademais dos obradoiros adicados a Vigo, a delegada indicou que Gondomar promoverá xunto a Baiona e Nigrán a iniciativa Coidando Miñor III; Salceda de Caselas contará co curso Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023; Salvaterra de Miño terá o Salvaterra Emprega III; Cangas porá en marcha Granxa da Rúa XII; Moaña con Moaña Labora VII; Redondela a cuarta edición do Redondela Máis que Bela IV; O Porriño desenvolverá o obradoiro Porremprego Cualifica II, e Mos terá o taller Queda en Mos II.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217