Galicia
Éxito entre a mocidade galega dos obradoiros Girl STEAM
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) conclúe cun rotundo éxito a xira de obradoiros Girl STEAM, que se realizaron en 15 concellos de toda Galicia grazas á colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a rede de Aulas CeMIT.
Estes obradoiros chegaron á súa fin a pasada semana no centro Gaiás Tech de Santiago de Compostela, tras recorrer outros 14 municipios no seu percorrido: San Sadurniño, Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Santa Comba, Valga, Barreiros, Ribadeo, Vigo e Oroso. Un total de 314 rapazas e rapaces participaron nestas actividades.
As actividades desenvolvéronse en dous grupos de idade. Os máis novos, de 8 a 11 anos, crearon pezas audiovisuais en formato stop motion a partir dun circuíto de luces LED que eles mesmos construíron. Por outra banda, os maiores, de 12 a 15 anos, programaron sensores con Arduino para crear tecidos intelixentes que reaccionan ante cambios ambientais, de distancia, luz, etc.
O obxectivo principal destes obradoiros é fomentar a mentorización en idades temperás, especialmente dirixido ás rapazas, coa finalidade de despertar o seu interese en campos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e fortalecer a súa confianza nas súas habilidades para seguir estudos nestas áreas.
Anxos Cabado, directiva e responsable do programa do CPETIG, destaca a importancia destas iniciativas para abrir as portas das tecnoloxías STEAM á mocidade galega e subliña o compromiso do Colexio para facer destas actividades algo habitual e ambicioso. "As idades temperás son clave nesta e noutras profesións, pero especialmente nun sector como o noso, no que continuamos traballando para acadar unha igualdade real e efectiva no menor tempo posible," engade Cabado.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia agradece a todos os participantes, aos responsables da rede de Aulas CeMIT, á formadora Paula Tubío e á AMTEGA pola súa colaboración na consecución deste exitoso evento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149