Vigo
Un espazo de confianza para apoiar a adolescentes con problemas de conduta e de adiccións
A Asociación Érguete estivo a traballar arreo durante todo o verán para ofrecer un apoio fundamental a adolescentes que enfrontan problemas de conduta e adiccións. A adolescencia é unha etapa crítica na vida dos mozos e mozas, caracterizada por cambios significativos e desafíos complexos que tamén afectan ás súas familias. É precisamente nesta etapa cando moitos adolescentes se enfrontan ao consumo de substancias e adiccións, e a súa vulnerabilidade fai que sexa un problema que chegue aos fogares, onde pais e nais a veces se atopan sen saber ben como afrontalo.
A Asociación Érguete é consciente deste problema e, desde hai anos, ofrece un Programa de Formación e Integración Social (PFIS) que se enfoca en traballar con adolescentes e as súas familias. O obxectivo principal deste programa é a prevención e intervención para reducir ou eliminar condutas problemáticas. Entre as situacións problemáticas que se atenden atopamos abuso de substancias, conflitos familiares, dificultades académicas, problemas emocionais como ansiedade ou depresión, e incluso a comisión de delitos ou infraccións administrativas.
A coordinadora do PFIS, Ana Vázquez, sinala: "En Érguete, buscamos que os adolescentes adquiran ferramentas para superar factores de risco persoais, sociais ou emocionais que contribúen a estas condutas". Para conseguir este obxectivo, o programa desenvolve unha serie de actividades formativas que inclúen intervención psicoeducativa individual, en grupo e familiar, levada a cabo por profesionais en áreas como educación social, pedagoxía, psicoloxía e dereito.
Durante o verán, a Asociación Érguete organizou diversos obradoiros co obxectivo de crear un espazo de confianza para apoiar aos adolescentes. Nestes obradoiros, o equipo de Érguete compartiu con eles coñecementos sobre temas como igualdade de xénero, feminismo, adiccións desde unha perspectiva de xénero, violencia machista, socialización diferencial e LGTBIfobias na adolescencia e xuventude, saúde, educación sexual e pornografía. Tamén abordaron o consumo de distintas substancias na adolescencia, incluíndo as implicacións, efectos e posibles consecuencias. Os adolescentes valoraron positivamente estas formacións e expresaron a súa gratitude por contar cun espazo de intercambio onde poden falar con confianza sobre as súas preocupacións.
O servizo da Asociación Érguete é completamente gratuíto e está dirixido a adolescentes de entre 14 e 21 anos que sexan derivados polos equipos técnicos do Servizo de Menores da Xunta de Galicia, a Subdelegación do Goberno de Pontevedra, o plan local de drogas de Vigo, os concellos do área metropolitana de Vigo, os Gabinetes de Orientación Familiar, o Plan de Intervención Familiar do Concello de Vigo, os institutos do área de Vigo e outros servizos de drogas da cidade, así como outros axentes clave. Ademais, o programa conta co financiamento da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217