Nigrán
Estrea do documental sobre Rosalía González, Redeira de Panxón
O Concello de Nigrán acaba de lanzar nas redes sociais o último documental da triloxía "Nigrán na Memoria", que desta volta está dedicado a Rosalía González, representante da última xeración de redeiras de Panxón. Este proxecto busca preservar e compartir a historia e as tradicións da comunidade local, e a nova curtametraxe, de 20 minutos de duración, pode ser vista aquí:
Este traballo audiovisual tamén estará dispoñible na web do Concello, que foi creada no 2021 co obxectivo de recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e difundilo.
O Concello de Nigrán está a traballar en novos documentais centrados en persoalidades do municipio que representan oficios ou tradicións que están a desaparecer. Tamén están abertos a recibir propostas da comunidade.
O alcalde de Nigrán, Juan González, sinala a importancia deste proxecto: "Ao igual que temos un arquivo histórico de imaxes de Nigrán, agora estamos a documentar oficios, tradicións e costumes que están a desaparecer e que forman parte da nosa esencia". Engadiu que este traballo é unha carreira contra o reloxo para recoller en primeira persoa os relatos sobre o patrimonio material e inmaterial do municipio.
Ademais deste documental, o Concello tamén estreou este ano "A memoria da auga", unha curtametraxe sobre a actividade muiñeira na parroquia de Chandebrito, que tamén está dispoñible.
Rosalía González, protagonista do último documental, de 94 anos, é unha parte importante da historia mariñeira de Panxón. Coa súa memoria viva, narra as súas vivencias como redeira desde os 17 anos e as dificultades que enfrontou cando o seu home traballaba no Gran Sol durante meses. Tamén fala da súa participación noutros oficios, como mariscar longueirón e cadelucha en Panxón e croques en Lourido. A súa historia é un testemuño valioso da historia local e das tradicións que están a desaparecer.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163