Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Luz verde por parte de veciñanza e Concello para o proxecto de intersección da N-550

En caso de que algún particular queira alegar por algunha afección nalgunha das súas fincas, conta con asesoramento técnico e axuda para presentar a correspondente alegación por parte da administración local

Concello de Mos e Plataforma de Afectados da Estrada Nacional 550 en Louredo ofreceron onte á veciñanza da parroquia unha reunión informativa e de asesoramento técnico sobre a aprobación provisional por parte de Fomento do proxecto para a intersección da N-550 en O Tablado.

 

Fíxose unha exposición técnica do proxecto e ofereceuse axuda e asesoramento nas alegacións, en caso de que algún veciño/a estea interesado en presentar algunha. En principio o consenso co proxecto é unánime tanto por parte da administración local como da veciñanza de Louredo. Sen embargo, se algún dos particulares quixese alegar por algunha afección nalgunha das súas fincas, o Concello informarao, asesorarao e axudaralle no procedemento de tramitación e presentación da correspondente alegación.

 

A aprobación provisional por parte de Fomento do proxecto de intersección na N-550 ao seu paso por Louredo, foi publicada o pasado día 31 de agosto, no BOE (Boletín Oficial do Estado), e na mesma data foi tamén recibido o documento no Concello.

 

O obxectivo das obras de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo, é trasladar a intersección actual uns 270 m cara ao sur, para mellorar as condicións de visibilidade e seguridade viaria.

 

Na xuntanza celebrada na mañá de onte, domingo 17 de setembro, no local social de A Cividade estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os seus concelleiros de Urbanismo, José Ramilo, Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil da parroquia de Louredo, Baldomero Lorenzo.


e concelleiras abordaron esta mañá en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local a recente aprobación provisional por parte do Ministerio de Fomento do proxecto de remodelación da intersección na N-550 ao seu paso por Louredo, que foi publicado onte, día 31 de agosto, no BOE (Boletín Oficial do Estado), e tamén recibido o documento no Concello.


As obras de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo teñen un orzamento estimado base de licitación de 582.432 euros (IVE incluído).


O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o proxecto de trazado da remodelación da intersección da estrada N-550, ao seu paso por Louredo, no municipio de Mos. Agora atópase no trámite de información pública, tras a publicación onte do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).


O obxecto do proxecto é a mellora da seguridade viaria da intersección non canalizada existente no p.k. (punto quilométrico) 148+650 da N-550, ao seu paso por Louredo, que conecta con núcleos existentes na marxe esquerda a través dun vial municipal. A actuación proxectada executará unha variante do vial secundario e disporá unha nova intersección con cuñas de incorporación e saída, carrís centrais de almacenamento e espera e posibilidade de cambio de sentido. A solución para o cruce de O Tablado era unha das demandas históricas comprometidos por Fomento en Mos e que levaban anos pendentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.