O PORRIÑO
O Porriño pon en marcha un programa de estimulación terapéutica da man de Afaga Alzhéimer
Con este programa o Concello do Porriño pretende achegar á veciñanza tres servizos de prevención e atención ás persoas con algún tipo de demencia neurodexenerativa: atención e asesoramento, programa de respiro familiar e atención psicolóxica para doentes e coidadores
O Concello do Porriño e AFAGA Alzhéimer estreitan a súa colaboración para prestar unha atención de calidade á veciñanza afectada por algún tipo de demencia dexenerativa.
No Porriño preto hai preto de 7.000 persoas de máis de 60 anos e máis de 300 deles están afectados estes tipos de demencia, unha importante prevalencia que evidencia a necesidade de poner ao seu alcance e ao das súas familias os servizos de prevención e atención necesarias.
“As persoas con alzheimer e ás súas familias precisan non só atención sanitaria senón acompañamento e coidados específicos”, explicou a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, “Por iso, coa axuda de unha entidade referente como AFAGA, poñemos en marcha un Programa de Estimulación Terapéutica que prestará atención e asesoramento a través de profesionais cualificados, un programa de respiro familiar e atención psicolóxica para doentes e coidadores”.
No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que reiterou o “compromiso deste Concello e o meu persoal en primeiro lugar, cos enfermos e as súas familias pero tamén con todos os veciños e veciñas que precisan dun reforzo no seu día a día, que sospeitan que algo pasa pero aínda non saben o que, que queren asesoramento profesional específico e orientación para moverse no sistema”.
Programa de Estimulación Terapeutica
En primeiro lugar, levarase a cabo un programa de atención e asesoramento, para toda persoa que procure recursos sociais e información xeral relativa ás diferentes tipoloxías de demencia, así como respecto da súa abordaxe. A tal fin, unha Traballadora Social de AFAGA Alzhéimer atenderá ás persoas que o precisen.
Por outra banda, implementarase un programa de respiro do entorno familiar e convivencial por medio da realización de actividades de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencia. Este achegalles a posibilidade de recibir tratamento non farmacolóxico sen ter que desprazarse fora do Porriño. Da man dun psicólogo e un terapeuta ocupacional traballarase semanalmente nas áreas de orientación temporal e persoal, memoria, linguaxe, atención… e todas aquelas afectadas por estas doenzas. Tamén se levarán a cabo actividades de laborterapia, xerontoximnasia e fomento da da independencia nas actividades da vida diaria.
O servizo inclúe tamén un programa de atención psicolóxica que quere chegar aos coidadores das persoas enfermas prestándolles todo o apoio psicolóxico e transmitíndolles pautas de actuación coa persoa que están coidando e regras de autocoidado para evitar a aparición do síndrome do coidador queimado, entre outros aspectos.
Tamén se organizará un Grupo de Axuda Mutua para favorecero intercamio de experiencia entre coidadores e así aliviar a sobrecarga que poida estar a sufrir.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129