NIGRAN
A Xunta destina medio millón de euros anuais a financiar o servizo de comedor escolar de Nigrán
O secretario xeral técnico da Consellería de Educación e o xefe territorial de Pontevedra visitaron o Colexio CEIP Plurilingüe Humberto Juanes para comprobar a calidade deste servizo
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina cada ano un total de medio millón de euros a financiar o servizo de comedor escolar no Concello de Nigrán, onde a Xunta de Galicia dá este servizo a 527 alumnos dos colexios Plurilingüe Humberto Juanes, Carlos Casares, Mallón e da Cruz, onde se serven 90.000 menús anuais.
Nesta semana o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, xunto co xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, e representantes dos catro centros desprazáronse ao comedor do CEIP Humberto Juanes, onde puideron comprobar de primeira man o funcionamento do servizo.
Segundo o contrato actualmente vixente, a Consellería de Educación destina un total de un millón de euros ao servizo de comedor dos mencionados centros, por un período de dous cursos escolares, a razón de medio millón por curso.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia reforzou este ano o comedor escolar cunha suba do 21% na achega por menú no caso dos 144 de xestión indirecta, entre os que se atopan os de Nigrán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163