CULTURA
Obras da viguesa Diana Toucedo na sección galega do London Spanish Film Festival
A sección denomínase ‘Letters from Galicia’ e materializouse grazas aos esforzos do Galician Film Forum (GFF) e da Mostra Internacional do Cinema Galego (MICE)
Por primeira vez en 19 anos, o audiovisual galego ocupa unha sección específica no London Spanish Film Festival (LSFF) grazas ao esforzo conxunto do Galician Film Forum (GFF) e da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE). Así, Letters from Galicia, como se chama a nova sección do festival londiniense, vai proxectar obras de Eloy Domínguez Serén e mais da viguesa Diana Toucedo este mércores 27 de setembro no Ciné Lumière da capital británica. Ademais, Eloy Domínguez desprazarase ata Londres como convidado polo festival para participar nun coloquio ao remate da proxección que vai ser moderado por Adriana Páramo, cineasta e representante do Galician Film Forum.
O LSFF, que xa alberga desde hai tempo seccións diferenciadas doutras comunidades, algunhas delas tan veteranas como a catalá e a vasca con 15 e 14 anos de vida, respectivamente, abre esta nova ventá co foco nas creacións galegas galardoadas na última edición da MICE. Estas proxeccións suporán a estrea no Reino Unido da longametraxe Al otro lado del mar de Eloy Domínguez, premio ao Mellor Filme Galego, e da curta de Diana Toucedo Tatuado nos ollos levamos o pouso, premio CREA. Alén diso, Letters from Galicia tamén acollerá outras catro obras de Toucedo: Prekasno, Borders, Homes e Imágenes secretas. Deste xeito, o audiovisual galego faise un oco con nome propio dentro desta cita do cinema español que leva case vinte anos celebrándose en Londres e amosando o mellor do cinema estatal.
Al otro lado del mar é unha longametraxe documental dirixida polo galego Eloy Domínguez Serén e polo colombiano Samuel Moreno Álvarez na que ambos os dous cineastas e amigos comparten aspectos das súas vidas e traballos nos seus respectivos países. A modo de vídeo correspondencia, as cartas filmadas que compoñen a obra “recollen historias persoais, memorias afectivas, unha viaxe por planos con diferentes épocas de rodaxe, diferentes culturas, contextos e épocas sociais, filmadas ademais nun momento histórico moi concreto”, que fan que sexa doado sentirse reflexado nas palabras, planos e sentimentos dos directores.
Pola súa banda, Diana Toucedo, que xa proxectou no LSFF de 2019 a súa obra Trinta lumes, regresa agora cunha sesión que reúne cinco mostras do seu talento e na que destaca Tatuado nos ollos levamos o pouso, unha curtametraxe multipremiada sobre as mariscadoras dunha vila do sur de Galicia rodada “cunha mirada coidadosa, sensible a todos os elementos e símbolos e fundindo os corpos na natureza”.
Diana Toucedo (Redondela, 1982) é una cineasta e montadora que con base en Barcelona. Tragovi (2009) foi a súa primeira longametraxe documental como montadora, un proxecto rodado en Bosnia-Herzegovina. Traballou durante dous anos no Estudo Mariscal na montaxe do filme de animación Chico y Rita (2010), dirixido por Fernando Trueba e Javier Mariscal, e colaborou co prestixioso deseñador en múltiples obras visuais. Tamén montou xunto a Isaki Lacuesta In Between days (2009), a súa correspondencia filmada coa cineasta Kawase, e La noche que no acaba (2010). Como directora, na súa filmografía figuran títulos como Ser de luz (2009), con materiais de Gustav Deutch, Tres tiempos tres gestos (2009), sobre a obra de Naomi Kawase, ou a longametraxe Trinta lumes (2017), estreada na Berlinale.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145