Jueves, 04 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 25 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Luis López inaugura a senda peonil do Foxo Vello, en Mos

Esta nova senda peonil en Mos é a primeira obra que inaugura Luis López desde a súa toma de posesión como presidente da Deputación

O presidente da Deputación completou parte dun itinerario que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e potenciar a mobilidade peonil na contorna do colexio de Atín, na parroquia de Pereiras

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de inaugurar este luns a nova senda peonil do Foxo Vello, no municipio de Mos. Un proxecto valorado en máis de 406.000 euros, dos que a Deputación achegou 252.000 euros. “Esta obra é froito desa colaboración institucional que este goberno quere potenciar neste mandato”, dixo o presidente logo de completar o itinerario acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, membros da corporación e da dirección da obra.

 

Os traballos comezaron no pasado mes de novembro e consistiron na mellora da seguridade viaria mediante a construción dunha senda peonil desde a igrexa da parroquia de Pereiras ata Atín, na contorna da estrada autonómica PO-331 e do colexio desta localidade. Un proxecto que, como adiantou Luis López, terá continuidade nos próximos meses con novas actuacións nesta contorna.

 

[Img #84101]

 

Na súa intervención, o presidente da Deputación destacou que se trata dun proxecto que ten como obxectivo avanzar en materia de seguridade viaria, pero que tamén contribúe ao fomento de hábitos de vida saudable e á redución das emisións de gases contaminantes ao favorecer os desprazamentos a pé ou en bicicleta fronte ao uso de vehículos a motor.

 

A inauguración da senda peonil do Foxo Vello é unha mostra dos froitos que pode dar a colaboración entre institucións. “Os investimentos nos concellos grandes, medianos e pequenos van ser o faro que guíe a nosa acción de goberno”, subliñou o dirixente provincial, quen recordou que ten a man tendida a reunirse cos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia para abordar temas de interese mutuo e reforzar a cooperación entre as administracións, como deixou claro na carta enviada a semana pasada aos 61 concellos pontevedreses.

 

Trátase ademais da primeira obra que Luis López inaugura desde a súa toma de posesión como presidente da Deputación e, ademais de poñer en valor o traballo realizado polo equipo de goberno, deu tamén os parabéns aos propietarios dos terreos polos que transcorre estes 700 metros de senda pola cesión desinteresada das súas propiedades. “Veciñas e veciños de Pereiras, noraboa porque o que fixestes non é algo común”, agradeceu no seu discurso o mandatario destacando tamén a xestión da comunidade de montes.

 

“Este goberno vai estar ao carón dos concellos durante, polo menos, os próximos catro anos”, remarcou o presidente despois de poñer ao Concello de Mos como exemplo de “bo funcionamento” e “de relacións baseadas nun espírito de lealdade institucional, cooperación e comunicación fluída para traballar sempre no beneficio da veciñanza”, concluíu o dirixente provincial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.