Galicia
A Xunta convoca 18 cursos de formación continua para persoal da Policía Local
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a convocatoria de 18 cursos de formación continua destinados á Policía Local dos concellos galegos. As accións formativas suman máis de medio milleiro prazas e desenvolveranse desde outubro ata finais de ano na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
Segundo a resolución publicada, poderá participar nos cursos tamén persoal das demais forzas e corpos de seguridade que traballan na comunidade -Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil-, para os que se reservan un 20% das prazas. As solicitudes de inscrición deben presentarse a través do formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal) e o prazo para facelo vai desde mañá ata as 14,00 horas do 3 de outubro.
A programación formativa suma máis de 300 horas lectivas e inclúe cursos en modalidade presencial, semipresencial e en liña. Trátase de formación práctica orientada ao labor profesional que desenvolven de xeito cotiá os corpos e forzas de seguridade, como entrada e rexistro de inmobles, inspección de locais ou autoprotección táctica.
Contidos sociais e tecnolóxicos
Entre os contidos máis sociais prevense sesións vinculadas á diversidade sexual, de xénero e orientación sexual, ás intervencións en casos de violencia de xénero e aos delitos contra a liberdade e intimidade sexual e xustiza xuvenil, entre outras. Ademais, haberá formación centrada en delitos relacionados coas novas tecnoloxías, administración electrónica e certificado dixital, Google Earth para o traballo policial ou operador en sistema EUCARIS.
Cómpre sinalar que a Academia de Seguridade Pública é un dos órganos máis representativos das policías locais de Galicia e, en xeral, un centro de referencia canto á formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade. Así, estase a formar a 15ª promoción de Policía Local, cuxo alumnado volveu ás aulas este mes. Dela forman parte as persoas que superaron os procesos de selección unificados para cubrir prazas de axentes de Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149