GALICIA
A Xunta e as organizacións agrarias coinciden na importancia de que a UE coñeza a situación favorable do lobo en Galicia
A directora xeral de Patrimonio Natural reuniuse cos representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asociación Agraria de Galicia
A Xunta e as principais organizacións agrarias de Galicia coincidiron en salientar a importancia de que as autoridades europeas coñezan de primeira man a situación do lobo na Comunidade e o estado favorable que presentan as súas poboacións co fin de que se adopten as medidas oportunas para garantir o equilibrio entre a especie e a actividade do sector primario.
Esta foi unha das principais conclusións da xuntanza que mantivo esta mañá en Santiago a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, con representantes dos tres principais sindicatos e asociacións do sector en Galicia: Unións Agrarias (UUAA), Sindicato Labrego Galego (SLG) e Asociación Agraria de Galicia (Asaga).
Tras o proceso de consultas aberto pola Comisión Europea (CE) para coñecer a situación actual do lobo a nivel rexional, a responsable autonómica convocou ás entidades agrarias para intercambiar impresións sobre os informes enviados ás autoridades comunitarias sobre a situación do lobo ibérico en Galicia.
Neste sentido, todos os asistentes compartiron a idea de que a evolución da especie na Comunidade nos últimos anos é boa. Ao respecto, Belén do Campo salientou que a decisión do Goberno central de elevar o seu nivel de protección no conxunto do país en setembro de 2021 estaba inxustificada xa que a realidade da especie non aconsellaba adoptar medidas adicionais para garantir a súa conservación ao norte do río Douro.
Así, trasladoulles que no informe técnico remitido pola Xunta achéganse datos sobre o estado global de conservación do lobo en Galicia no período 2013-2018, os mesmos, incidiu, que xa foran remitidos ao Goberno central no ano 2019 para a elaboración do informe sexenal solicitado pola UE a todos os estados membros pero que, finalmente, o Ministerio non tivo en conta á hora de redactar o documento que remitiu ás autoridades comunitarias.
Ademais, o informe enviado pola Xunta a semana pasada á CE tamén se completou coas conclusións da última actualización do censo da especie na Comunidade, encargado polo Goberno galego e cuxos traballos se desenvolveron entre os anos 2021 e 2022, estimando en 93 as mandas reprodutoras presentes en Galicia (algunha delas compartida con outros territorios).
Desde xeito, tal e como se subliña no informe autonómico, o novo censo confirma e ratifica a principal conclusión da análise realizada de cara ao referido informe sexenal, é dicir, que o estado de conservación do lobo na Comunidade é favorable.
Tras indicar que na información remitida pola Xunta se incluíu tamén un segundo anexo con información sobre o impacto da especie sobre o sector agrogandeiro e o rural, Belén do Campo aproveitou o encontro para lembrar os case 8 millóns de euros en axudas convocadas pola Xunta desde 2016 para facer fronte aos ataques do lobo e subliñar que ningún gandeiro galego con danos constatados queda sen indemnizar.
De feito, indicou que, ademais de darlle continuidade con carácter anual a estas ordes de subvencións, o Goberno galego sempre se amosa receptivo a atender as posibles suxestións e melloras achegadas por parte do sector, citando a modo de exemplo a inclusión nos últimos anos dos gastos de compra e manutención de cans protectores de gando como medida preventiva subvencionable ou a máis recente convocatoria de axudas para contratar persoas coidadoras do gando, novidade introducida en 2023.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191