Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 08 de Marzo de 2026 a las 09:06:19 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda participa o 1 de outubro no proxecto Libera de limpeza de praias

O domingo 1 de outubro realizarase unha limpeza de praias dende O Puntal ata o Codesal ás 11:00h

[Img #84119]O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, participa un ano máis no proxecto “Libera, unidos contra la basuraleza”, que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do Río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEOBirdLife e Ecoembes.

 

O punto de encontro asignado será o Parque do Puntal en Camposancos, onde se repartirá o material preciso(luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e se realizará unha pequena charla explicando como será a actividade, que se desenrolará dende O Puntal ata a zona do Codesal, pasando polas praias do Muíño, a Lamiña, a Armona e O Codesal.

 

A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.

 

Dende o Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta actividade, a limpeza e mantemento do noso entorno é cousa de tod@s.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.