VIGO
O Concello inviste 3,6 millóns de euros na rehabilitación do Paseo de Bouzas
Abel Caballero e os concelleiros de Urbanismo, Contratación e de Fomento, María Xosé Caride, Patricia Rodríguez e Javier Pardo, percorreron o último tramo do paseo de Bouzas, próximo á Igrexa, que foi remodelado polo goberno municipal e avanzou que a previsión é completalo con máis obras na zona náutica
O alcalde anunciou que o modelo de rehablitación do paseo de Bouzas aplicado na zona próxima á fachada de vivendas será trasladado a zona da área náutica. "Seguiremos facendo melloras na plataforma marítimo-terrestre", indicou ao adiantar que "imos cambiar obras" realizadas por anteriores gobernos municipais nesta zona por entender que se trata dun "modelo superado". Para Abel Caballero é remarcable a recuperación do areal e o cambio que dá lugar a "gozar dunha praia urbana nova".
Abel Caballero explicou que un paseo antes "complicado e difícil" de transitar foi transformado nunha zona amable, onde se combina o deporte, o lecer, así como o goce da natureza. Coa remodelación foron eliminadas todas as barreiras arquitectónicas e ampliáronse nun 63 por cento as zonas axardinadas. Ademais, instalouse mobiliario urbano de última xeración, con códigos QR que ao activalos permiten o acceso a distintas informacións sobre Bouzas. Entre as melloras figura a bancada de 250 metros que dá acceso á praia, instaláronse bancos con cargadores para móbiles, así como con tumbonas, fontes, aparcabicis e dispensadores de bolsas para mascotas, entre outros servizos.
Caballero sinalou que se retirarán as pedras da parte posterior da praia para seguir mellorando a contorna natural.
Na visita realizada este martes participou tamén o xefe da demarcación de Costas da provincia de Pontevedra, Miguel García García.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217