Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 29 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño lanza unha nova convocatoria de axudas ás comunidades de augas

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro Marcos Martínez, reuníronse coas traídas do termo municipal para explicar a convocatoria e facilitar a tramitación das solicitudes

O Concello do Porriño reuníu  ás directivas das comunidades de usuarios auga para explicarlles polo miúdo a convocatoria de axudas municipais e facilitarlles a tramitación das solicitudes.


“Esta liña de axudas vai dirixida a promover a mellora do servizo de abastecemento de auga para o consumo humano e a calidade da auga xestionada polas traídas, subvencionando o mantemento nas instalación da rede de distribución, analíticas de control sanitario e tamén obras de inversión que impliquen a mellora na prestación deste servizo”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “A esta nova convocatoria, a de maior contía proposta desde a administración local, destínanse 175.000 euros, un 85% máis do consignado no anterior orzamento. Súmase ademais unha nova liña, a destinada a inversións anteriormente non contemplada”.   O rexedor engadiu que a intención destas axudas tamén é a “de promover un uso máis eficiente dos recursos hídricos dos que dispoñemos”.


Tal e como explicou o concelleiro Marcos Martínez, a través da primeira liña de incentivos subvencionaranse a captación de augas, o mantemento e conservación dos sistemas de almacenamento e potabilización das instalacións, a reparación de redes de distribución de auga. A segunda liña, contemplará as obras de inversión en inmobles e a sustitución de redes de distribución.


As axudas cubrirán o 80% do proxecto. A contía máxima por comunidade será de 12.000 euros e poderase percibir o 80% do importe por anticipado e o restante unha vez se acredite a obra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.