Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López amosa o respaldo da Deputación á Confederación de Empresarios de Pontevedra

A reunión tivo lugar no despacho presidencial do Pazo Provincial para coñecer as actividades que a asociación ten previstas para os vindeiros meses e analizar o contexto económico e empresarial da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o respaldo do goberno provincial á actividade da Confederación de Empresarios de Pontevedra que o presidente do colectivo, Jorge Cebreiros, lle presentou este mércores nunha reunión que tivo lugar no seu despacho do Pazo Provincial.

 

O encontro serviu para coñecer polo miúdo a acción deste colectivo, un dos actores máis importantes do ámbito empresarial e económico da provincia, e analizar tamén o contexto laboral, emprendedor e financeiro do territorio pontevedrés.

 

Pola súa banda, Luis López reiterou o apoio do goberno provincial ás iniciativas deste colectivo, unha colaboración que se afianzará neste novo mandato. Un respaldo que se verá reflectido coa presenza da Deputación no terceiro Foro Empresarial pola Igualdade que organiza a CEP o próximo 17 de outubro na súa sede de Vigo.

 

Os obxectivos da CEP pasan polo fomento e defensa da economía de mercado, representar os intereses xerais do empresariado provincial ante entidades públicas e privadas, oferta de servizos para a colaboración con institucións rexionais, nacionais ou estranxeiras e coordinar e impulsar a negociación colectiva.

 

Nos últimos anos, a colaboración entre a Deputación e a CEP materializouse en diversos proxectos como programas de formación e promoción do emprego ou a organización dos premios provinciais á xuventude valorados en máis de 80.000 euros anuais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.