MOS
O programa “Galegas Dixitais” regresa a Mos
Durante os meses de outubro e novembro impartiranse na Axencia de Colocación do Concello dúas accións formativas para a mellora das capacidades dixitais e o nivel de empregabilidade de mulleres residentes en zonas rurais. As participantes recibirán gratis un computador portátil para poñer en práctica todo o aprendido
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, informan da posta en marcha de dúas accións formativas na Axencia de Colocación do Concello de Mos enmarcadas no programa “Galegas Dixitais”. Este programa vai dirixido a mulleres preferentemente desempregadas ou que estean en situación de demanda de mellora de emprego.
Ademais do título oficial, as participantes conseguirán un computador portátil CHROMEBOOK gratuíto, para poñer en práctica todo o aprendido. Os cursos están financiados pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovidos pola Xunta de Galicia a través da Oficina Emprego Galicia.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar coa impartición destas formacións pasan pola mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a redución da brecha de xénero. No mes, de outubro están previstos 2 cursos de 135 horas cada un, nos cales se impartirán os seguintes módulos:
- Competencias dixitais básicas.
- Competencias dixitais avanzadas.
- Iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento
Datos dos cursos ( ambos teñen as mesmas datas) :
- Inicio: 16/10/2023
- Finalización: 27/11/2023
- Horario:
- Mañá: 09:00 a 14:00 horas
- Tarde: 16:00 a 21:00 horas
As interesadas en participar poden inscribirse previamente de varios xeitos:
No correo : info@axenciadecolocacionmos.es
Acudindo presencialmente á Axencia de Colocación do Concello (09:00 a 14:00) Estrada Peinador , 39 Tameiga Mos 986487786.
Ou directamente a través da páxina web https://www.galegasdixitais.es/
O vindeiro día 10 de outubro, ás 12:00 horas, celebrarase unha reunión informativa á que poden acudir todas as persoas interesadas na acción formativa ou que teñan algunha dúbida sobre a mesma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136