TOMIÑO
O PP de Tomiño esixe responsabilidades pola contaminación de augas tras unha avaría na obra do saneamento
Os populares revelan que os traballos deste proxecto municipal xeraron presuntamente un vertido nos pozos deste lugar como consecuencia da rotura dunha tubaría sen que se alertara á veciñanza nin por parte do goberno local nin da empresa adxudicataria
O grupo municipal do PP de Tomiño vén de esixir información detallada e a depuración de responsabilidades ao Concello polo episodio de contaminación de augas, con afección á potable para consumo humano, producido no lugar de Xibao como consecuencia dunha avería durante a execución das obras do saneamento impulsadas pola propia administración local.
Os populares revelaron que os traballos desta actuación sufriron unha incidencia pola rotura dunha tubaría que xerou presuntamente un vertido nos pozos de auga potable desta contorna de Tomiño sen que se avisara destes feitos á veciñanza nin por parte do goberno local nin da empresa adxudicataria.
O PP local recibíu diversas queixas dos veciños afectados pola falla de comunicación destes feitos, o que motivou que seguiran consumindo a augas dos seus pozos e de que, posteriormente, se produciran ingresos de varios deles en urxencias por un forte malestar como consecuencia da inxesta de auga contaminada.
“Está claro que as obras son necesarias para mellorar a calidade de vida da xente e que en ocasións suceden avarías ou imprevistos, pero o que non pode ser é que cando suceden, o Concello se desentenda por completo e non avise aos veciños nun episodio desta gravidade que motivou que houbera xente enferma. Cremos que non se cumpriu axeitadamente o protocolo e os veciños estiveron desamparados polo seu goberno que, lamentablemente, xa nos ten acostumados a estar ás súas cousas, a non atender axeitadamente aos veciños, a non manter o nivel óptimo de xestión que implica dirixir un municipio como Tomiño e a escorrer o vulto”, manifestou a voceira municipal, Lara Meneses.
Por todo elo, os populares queren esixir ao goberno local que aclare estes feitos e que depure responsabilidades de carácter político pola posible neglixencia, en referencia a que fallou para que non se comunicara a situación aos veciños e non se detectara en tempo e forma a filtración de augas fecais aos pozos das vivendas.
Finalmente, o PP tomiñés tamén quere que o goberno nacionalista informe con detalle sobre o destino exacto e o tratamento das augas fecais que se acumularon na zona das obras, posto que lle consta que se trasladaron diversos escritos por esta cuestión a outras administracións, como a Xunta de Galicia ou a Confederación Hidrográfica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8