PROVINCIA
Rafa Domínguez prentende "abrir o museo á sociedade civil sen distincións ideolóxicas”
O vicepresidente da Deputación agradece o traballo desenvolvido polos integrantes - ata o de agora - do Consello Asesor que, “nestes últimos catro anos reuníronse formalmente seis veces para dar as súas opinións e contribuír á mellora do Museo”
“A renovación do Consello Asesor do Museo de Pontevedra forma parte da folla de ruta que temos establecida para abrir a entidade á sociedade civil, sen distincións ideolóxicas”, asegurou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e delegado do organismo museístico provincial. Rafa Domínguez, que recordou que a composición actual do Consello Asesor remataba no mes de decembro e que os actuais integrantes “tiñan sido nomeados polo anterior goberno do PSOE e BNG e feitos a imaxe e semellanza do seu director”, remarcou o “papel fundamental” que debe desenvolver este “órgano de consulta e asesoramento en asuntos relacionados coa dirección e xestión do Museo de Pontevedra”.
O vicepresidente agradeceu o traballo desenvolvido polos integrantes –ata o de agora- do órgano que, “nestes últimos catro anos reuníronse formalmente seis veces para dar as súas opinións e contribuír á mellora do Museo”. Tamén explicou que cun novo equipo directivo o normal é un novo Consello Asesor: “forma parte dos trámites normais de renovación cando hai cambios políticos”. Deste xeito, o goberno provincial levaba semanas traballando nunhas novas bases para a selección transparente e equitativa dos membros do futuro Consello Asesor que, en liñas xerais, estará integrado por persoas expertas en diversas disciplinas relacionadas coa cultura, o patrimonio e a arte, dándoselle prioridade á inclusión de representantes da comunidade local de Pontevedra e a persoas cun compromiso destacado coa promoción e preservación do patrimonio cultural da cidade. Ademais, está previsto incluír talentos emerxentes no ámbito da cultura e do patrimonio, procurando tamén un equilibrio de xénero na súa composición para asegurar unha representación igualitaria de homes e mulleres.
O proceso comprende a renovación dos integrantes do Consello Asesor pero tamén a súa reformulación, todo iso co obxectivo de “fortalecer o labor deste organismo e abrir o Museo á sociedade civil sen distincións ideolóxicas”. Así, o vicepresidente explicou que, amais de renovar os seus integrantes “para manter a vitalidade e a relevancia do Museo” e incluír novos membros “con enfoques diferentes e perspectivas frescas e diversas que enriquezan as discusións e decisións”, está previsto incrementar a frecuencia das reunións “para abordar temas cruciais, supervisar proxectos e tomar decisións informadas”. Neste eido remarcou que “o Consello Asesor debería ter sido un compoñente activo na toma de decisións estratéxicas para o Museo pero, debido á súa escasa frecuencia de reunións, non se lle deu o papel que lle correspondía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163