Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 30 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

26 empregados do Concello de Mos consolidan os seus postos na administración local

A alcaldesa, Nidia Arévalo, declarouse “emocionada polo gran cariño que lles teño a estes homes e mulleres que levan traballando tantos anos ao meu carón e agradecida por todo o esforzo diario ao servizo da veciñanza”

Onte celebrouse no Pazo de Mos o acto de sinatura das actas de toma de posesión co que culminaba o proceso de estabilización de 26 empregados públicos municipais.

 

Na devandita sinatura estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o secretario municipal, Carlos Piñeiro, a funcionaria responsable do departamento de Persoal, Tatiana Iglesias, e o concelleiro da devandita área, Leo Costas. Tamén acompañaron aos funcionarios/as que consolidaron os seus postos o tenente alcalde, Camilo Grandal e as tamén edís mosenses Julia Loureiro e Sara Cebreiro.

 

Este proceso de estabilización de emprego público en Mos non se celebraba dende fai máis dunha década e ten como obxectivo e finalidade a redución da temporalidade no emprego público.

 

[Img #84168]

 

Para levar a cabo o procedemento aplicáronse os criterios comúns para a elaboración das convocatorias de estabilización no emprego público local en Galicia asinados pola FEGAMP e os sindicatos. Subsidiariamente aplicouse a normativa estatal e autonómica de Galicia, relativa aos procesos de selección de persoal.

 

Os traballadores e traballadoras que estabilizaron os seus postos son persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

 

Entre os 26 empregados municipais atópanse 2 administrativas, unha auxiliar administrativa, un arquitecto, un responsable de instalacións deportivas, unha traballadora social, un axente de emerxencias, 3 oficiais de primeira condutor mecánico, un conserxe operario de mantemento, unha orientadora laboral, 2 monitores de natación-socorrista e actividades, un oficial de segunda, 10 operarias de limpeza e un conserxe de emprego.

 

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, amosouse neste acto “emocionada polo gran cariño que lles teño a estes homes e mulleres que levan traballando tantos anos ao meu carón e que pasan a formar parte definitivamente da plantilla do Concello de Mos, polo que hoxe é un día de celebración e de darlles as grazas a todas e todos eles por todo o que levan traballado diariamente ao servizo da veciñanza”. “Agradecemento e emoción son os sentimentos que hoxe resumen o meu sentir nesta sinatura de actas de consolidación”, concluíu Arévalo, rexedora local de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.