PROVINCIA
A Deputación aproba 210.000 euros para os concellos de Mondariz e As Neves
As axudas, como destacou o presidente provincial, Luis López, permitirán a ambos municipios abordar a reparación de infraestruturas “para garantir a seguridade viaria e das persoas nestas dotacións, así como tamén a prestación de servizos básicos”
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar este pasado venres novos recursos para os concellos da provincia por importe de 210.000 euros e que beneficiarán en concreto aos municipios de Mondariz e As Neves. Como subliñou hoxe o presidente provincial, Luís López, estas achegas están destinadas á reparación de infraestruturas municipais para “garantir a seguridade viaria e das persoas nestas dotacións públicas, así como tamén a prestación de servizos básicos” nestes concellos.
Da citada cantidade, un total de 120.000 € permitirán ao Concello das Neves realizar obras de reparación en varios tramos de estradas municipais, concretamente situados nas parroquias de Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa.
Os restantes preto de 90.000 € correp0den á achega aprobada para Mondariz, que as destinará á reparación das sendas fluviais dos ríos Tea e Aboal; ás obras para levantar muros de contención en diversos tramos de estradas municipais; á reparación de servizos básicos no núcleo rural de As Vendas e á financiación da reparación dun pozo de saneamento no Couto e un muro en Cabada Nova.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155