Vigo
O Concello chama a adoptar un animal do refuxio da Madroa
Abel Caballero e as concelleiras Patricia Rodríguez e Nuria Rodríguez presentaron este luns a campaña de concienciación cidadá “Adóptame en Vigo” para promover a adopción responsable de cans e gatos, e dar visibilidade ao problema do abandono animal.
O alcalde animou aos cidadáns para "considerar" a adopción dun dos animais acollidos no refuxio municipal da Madroa, en lugar de compralo.
Abel Caballero explicou que Vigo celebra o "Día Mundial dos Animais", que terá lugar este mércores día 4, lanzando unha iniciativa pioneira en toda España, xa que a cidade é a primeira urbe en poñer en marcha unha campaña de concienciación ambiental innovadora sobre a transcendencia da adopción responsable de animais, así como en contra do seu abandono e malos tratos.
O rexedor adiantou que a Concellería de Medio Ambiente repartirá entre os colexios de Vigo que o soliciten e as clínicas veterinarias un total de 6.000 exemplares do libro "Urco, unha historia reciclada", baseada na historia real dun can.
Caballero explicou que a campaña contará con visibilidade nos parque caninos de Pontenova e García Picher, e na praia canina de Calzoa-Foz Esquera. Nestas, actualizaranse os paneis informativos e poderase descargar o código QR co formulario de adopción e listaxe actualizado dos animais abandonados que se atopan no refuxio municipal.
O alcalde avanzou que as persoas interesadas en participar na campaña "Adóptame en Vigo, así como en coñecer o contido de "Urco, unha historia reciclada", poden facelo a través da web do Concello coa descarga do código QR aloxado na páxina de Medio Ambiente.
Caballero destacou a calidade do libro "Urco, unha historia reciclada", escrita por Soledad García e ilustrada por Ángela Costas, xa que foi realizado con materiais reciclados, como bolsas de lixo, tapóns, redes de froitas ou envases de leite.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60