Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 05 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Rafa Domínguez anuncia que o novo proxecto de Santa Clara porá en valor o recinto

“Santa Clara non pode ser un almacén de restos arqueolóxicos e non podemos permitir a destrución dos xardíns centenarios”, detallou o vicepresidente provincial

Tras estudar “en profundidade” o proxecto que o anterior goberno tiña ideado para Santa Clara e tendo en conta “a importancia que ten para o Museo de Pontevedra e para a cidade as actuacións que aquí se van realizar”, o vicepresidente provincial Rafa Domínguez anuncia que haberá novo proxecto para Santa Clara. Fronte ao anterior, que convertería o convento nun laboratorio e almacén de restos arqueolóxicos aberto para profesionais, o novo pretende impulsar o recinto como espazo museístico e parte fundamental do Museo de Pontevedra, aberto á cidadanía, conservando e incorporando “a toda a cidade” os xardíns que “levan máis de 400 anos pechados”. “Santa Clara –detallou o vicepresidente provincial- non pode ser un almacén de restos arqueolóxicos e non podemos permitir a destrución dos xardíns centenarios, tal e como recollía o anterior proxecto”.

 

“É o noso compromiso manter todos os acordos asinados entre o Concello de Pontevedra e a Deputación” explicou o vicepresidente pero cómpre “modificar algúns aspectos do proxecto que non se correspondían coa idea que entendemos que debe representar Santa Clara para o Museo”. Neste eido, Domínguez, que cualificou como “oportunidade histórica para a cidade e o museo a compra do convento”, recordou que o anterior goberno tiña contemplado construír en Santa Clara un centro de xestión integral da colección arqueolóxica, cunha área de case 2.500 metros cadrados para depósitos de restos arqueolóxicos de achados atopados na provincia e outros 600 metros para un laboratorio de arqueoloxía para profesionais no subsolo dos xardíns. Sen embargo, esa non é a idea que o novo goberno da Deputación ten para o convento: “Santa Clara non pode converterse nun simple almacén de restos arqueolóxicos, non é o axeitado, hai outros lugares que poden servir para ese propósito”, remarcou o vicepresidente.

 

“Hai unha enorme deficiencia no proxecto realizado polo anterior goberno –explicou Rafa Domínguez- que pretendía converter parte de Santa Clara nun almacén, escavando os 2.500 metros cadrados nos xardíns de Santa Clara, o que sería unha agresión mortal para un espazo que leva 400 anos sen ser visto polos pontevedreses”. Deste xeito, o novo proxecto “pretende preservar a esencia dos xardíns, tan importantes como o propio convento ”.

 

Segundo informou o vicepresidente foron precisamente estes os motivos que provocaron o cese do anterior director, “que era un cargo de confianza que levaba traballando nun proxecto radicalmente diferente” ao novo que se quere iniciar. Domínguez, que aproveitou para reiterar o seu agradecemento ao anterior director polo “seu traballo, que será proveitoso para o novo proxecto de Santa Clara”, destacou tamén que “todos os equipos de arquitectura que se presentaron ao concurso de ideas seguiron estas directrices que, dende o noso punto de vista, son erróneas, salvo un que solicitou expresamente preservar a maior parte posible dos xardíns de Santa Clara”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.