GALICIA
A Xunta e a FEGAMP acordan axilizar o traballo para a delimitación das competencias autonómica e local
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, puxeron en común as conclusións das dúas propostas co obxectivo de chegar a acordos sobre a prestación de servizos no eido local e celebrar un novo encontro a próxima semana
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou onte xunto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, nunha reunión con representantes de ambas institucións para avaliar os seus estudos e clarificar as competencias das administracións autonómica e local.
No encontro de hoxe, ao que tamén asistiron a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e os vicepresidentes da Fegamp, Carlos Martínez e Secundino García, abordáronse as conclusións dos estudos da Xunta -o Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia, elaborado no marco dun acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e presentado o pasado decembro- e o realizado pola Fegamp, e acordouse axilizar e darlle un impulso o traballo levado a cabo ata agora neste ámbito.
Tras a constitución da comisión técnica, xa se celebrou en xullo unha segunda reunión sobre asuntos relacionados con urbanismo, medio ambiente urbano e augas e prevese a celebración dun novo encontro a próxima semana e co obxectivo ademais de tentar acadar antes de fin de ano algún acordo nalgunha das áreas que se están a abordar.
A Xunta avoga pola importancia de avanzar e dar pasos para chegar ao máximo acordo posible na maioría dos ámbitos. Trátase de, primeiro, valorar que competencias debe asumir cada administración e en que parte -Xunta, Goberno central, deputacións provinciais e entidades locais- e de forma rigorosa avaliar se cada unha está a asumir os seus compromisos, así como cuantificar canto custa a prestación de cada servizo e os recursos dispoñibles -en Galicia de media as contías son máis elevadas pola dispersión e o envellecemento da poboación-. En definitiva, a través desta comisión búscase evitar duplicidades coa finalidade última de garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103