SALCEDA DE CASELAS
Santi Davila acusa ao PSOE de “cómplice” do goberno de Salceda
O voceiro do PP califica a Verónica Tourón de “cooperadora necesaria” da alcaldesa, “xa que a investíu malia os seus fortes desacordos e a febleza que se lle presumía, polo que non ten dereito á critica”
O voceiro municipal do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, posicionouse na xornada sobre o balance do goberno local realizado polo PSOE, ao que acusou de ser “cómplice” do executivo de Loli Castiñeira a animouno a “poñer data e hora para ter unha reunión para cambiar este desgoberno se ve que a súa xestión é tan mala e tan nefasta, que é algo no que coincidimos plenamente”.
O concelleiro popular calificou á socialista Verónica Tourón de “cooperadora necesaria” da alcaldesa, “xa que a investíu malia as enormes diferenzas e os fortes desacordos que teñen e malia a febleza que xa se lle presumía a este executivo en minoría, pero o fixo co único obxectivo de que non gobernáramos desde o Partido Popular como lista máis votada, polo que, por todas estas circunstancias, por votar a unha alcaldesa e un proxecto no que non cre, non ten ningún dereito á crítica”.
Davila agradeceu que a ex alcaldesa socialista só louve, con respecto a estes primeiros cen días de mandato, as actuacións financiadas polo PP desde a Xunta, como o IES Pedras Rubias ou o obradoiro de emprego, polo que sostén que teñen máis coincidencias que con MS para dirixir o rumbo de Salceda de Caselas.
“Se realmente cre que o balance deste goberno é un folio en branco e só hai perspectivas de empeoramento para estes catro anos, Verónica Tourón teno moi fácil, só ten que poñer data e hora para sentarnos porque hai opcións legais e democráticas para facer un máis que necesario cambio de goberno”, sinalou o voceiro popular, que engadíu que dita medida “é imprescindible para que Salceda poida ter futuro, porque aquí non hai xestión, non hai nada, só se tiran os trastos á cabeza en perxuízo dos veciños mentres os concellos da contorna, como O Porriño, Mos ou Salvaterra vemos como avanzan cada día”.
“En todo caso, Verónica Tourón e o PSOE local non van facer nada máis que esa rolda de prensa, que en realidade é unha cortina de fume para tentar quedar ben. Á hora da verdade, as decisións dos socialistas de Salceda non se toman aquí nin se toman na defensa dos nosos veciños, senón que todo se fai desde a sede do PSOE do Pino en Santiago”, lamentou Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141