Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 16:06:21 horas

Xornal21.es
Jueves, 05 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Comeza a formación en Auxiliar de Almacén en Tui

Financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Emprego Inclusivo e impartida pola Fundación Érguete – Integración en colaboración co Concello de Tui, está dirixida a persoas desempregadas

Esta semana  tivo lugar a apertura do curso de Auxiliar de Almacén en Tui enmarcado dentro do Programa Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra e impartido pola Fundación Érguete en colaboración co Concello de Tui.

 

O acto celebrado no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui (Guillarei), foi aberto polo Vicepresidente da Fundación Érguete-Integración, D. Rubén Cagiao Avendaño, que expresaba que “esta formación está pensada para que en el futuro os incorporéis a un puesto de trabajo. A partir de ahora nos vais a representar”, comentaba.

 

Tamén interviñeron na presentación, D. Roberto Álvarez Carrero, Deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra, D. Enrique Cabaleiro González, Alcalde do Concello de Tui e Dª Ana Núñez, Concelleira de Emprego e Comercio, que insistiron na importancia de programas coma este que detecten as necesidades das persoas e contribúan a súa incorporación ao mercado laboral.

 

O curso de Auxiliar de Almacén, contará con 12 participantes en situación de desemprego e terá unha duración de 190 horas. Impartirase o módulo específico de formación en auxiliar de almacén, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas.

 

A finalidade do proxecto Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.