Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 11:01:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

O Consorcio de Augas do Louro deseña o xemelgo dixital das redes de abastecemento

Este sistema vangardista permitirá actuar con antelación predicindo secas, consumos e mesmo a simulación de calquera tipo de obra, mostrando con exactitude o seu resultado antes da súa execución

O Consorcio de Augas do Louro presenta o xemelgo dixital da rede de abastecemento. Trátase dunha copia nunha contorna dixital da rede de abastecemento de auga real que conforman os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui e que permite analizar o funcionamento de toda a rede detectando problemas, á vez que incorpora escenarios futuros representando o seu comportamento hidráulico.


 “Estamos ante un sistema novidoso que nos sitúa na vangarda da xestión deste servizo ao dispoñer dunha ferramenta que permite analizar e predicir o comportamento da rede de abastecemento”, explica Alejandro Lorenzo, presidente do Consorcio.


Con este modelo virtual, realizado por Aqualia, pódese probar calquera tipo de evento predicindo o comportamento do sistema, períodos de seca, novos consumos, renovacións e melloras. Ademais, a partir de agora, “as obras que se propoñan no Consorcio serán validadas antes neste xemelgo dixital amosando con exactitude o seu resultado antes da súa execución, actuando así en consecuencia e no caso de que se detecte algún problema ou incidencia poder resolvelo de antemán”, puntualiza o presidente.


Representación de todos os elementos e o seu funcionamento
A rede de abastecemento do Consorcio recolle auga do encoro de Eiras e do río Miño en dúas zonas diferenciadas, onde se localizan sendas plantas de tratamento, a dos Valos e a as Chans.


O proceso de elaboración deste modelo comezou coa consulta das bases cartográficas de todas as administracións, realizándose unha revisión e comprobación de campo actualizando as redes e instalacións.
Todos eses datos obtidos introducíronse nun sistema de información xeográfica (GIS) que dispón da topografía, trazados, diámetros e materiais da rede, así como todos os datos das instalacións do sistema. A continuación, dotouse á rede de sensores que son os que aportan toda a información en tempo real.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.