MUNDO EMPRESA
A Xunta impulsa o acceso ao mundo laboral de 170 mozos de 18 a 30 anos a través de Mentoring
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana os participantes nesta iniciativa que completan a súa formación con prácticas nas instalacións do Grupo Zendal no Porriño
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola Galicia, reiterou a aposta do Executivo autonómico para que a mocidade galega conte con todas as facilidades para abrirse camiño en todos os ámbitos. Díxoo durante unha visita ás instalacións do Grupo Zendal, unha das compañías que participa no programa Xuventude Mentoring na Empresa, a través do que se impulsa o acceso ao emprego de 170 mozos con idades entre os 18 e os 30 anos.
Fabiola García destacou o interese que levantou esta primeira edición do Xuventude Mentoring na Empresa entre as compañías, as entidades locais e a xente nova. Así, o programa conta co apoio de máis de 70 entidades do sector privado nas que a mocidade realiza prácticas formativas; e tamén conseguiu a implicación dos concellos, xa que que nesta edición participan tres municipios da Costa da Morte: Camariñas, Muxía e Vimianzo.
Este programa supón un paso máis na formación e asesoramento á xuventude para facilitar a transición entre a etapa formativa e laboral. Neste sentido, a Xunta impulsou en 2021 o Xuventude Mentoring, que este ano vai pola súa cuarta edición e que permitiu acompañar a preto de 500 mozos no seu paso de estudantes a profesionais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11