Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López destaca a importancia da formación para potenciar o talento e as oportunidades da mocidade

O presidente da Deputación de Pontevedra participou este mércores no acto de apertura do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia que se celebra no Recinto Ferial de Pontevedra ata o 6 de outubro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou a importancia da formación para potenciar o talento e as oportunidades da mocidade da provincia no acto de inauguración da duodécima edición de Edugal. O Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia que abriu este mércores as súas portas no Recinto Ferial de Pontevedra e o mandatario provincial participou na cerimonia de apertura cun discurso no que puxo en valor a interesante oferta dos 62 expositores e enxalzou a preparación académica das novas xeracións, ás que animou a perseguir os seus soños para construír un futuro mellor para a provincia e para Galicia.

 

Antes de percorrer os corredores do recinto pontevedrés acompañado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e representantes de Aempe e o Concello de Pontevedra, organizadores do congreso; o presidente da Deputación participou na simbólica escena de corte de cinta para dar por aberta unha nova edición de Edugal.

 

Tomou a palabra Luis López despois do presidente de Aempe, Jose María Corujo, para agradecer en primeiro lugar o labor deste colectivo e do Concello de Pontevedra para organizar “unha das feiras de educación, formación e emprego que xa é unha referencia consolidada e unha das máis importantes de Galicia”. Neste sentido, o mandatario provincial resaltou as “incontables opcións que temos no noso territorio para recibir unha formación de calidade e actualizada ás esixencias dunha sociedade e economía globais”.

 

Despois de poñer tamén en valor titulacións que teñen relación coa Deputación como as das escolas de Cantería e de Enfermería, o presidente quixo dirixirse directamente aos protagonistas deste evento: os e as estudantes. “Di unha das claves desta feira que Edugal é un salón que axuda ao alumnado a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional. Permitídeme un humilde matiz: só pode fallar un penalti quen se atreve a tiralo. Con isto quero dicir que non teñades medo a fallar, a equivocarvos ou ao fracaso”, aconsellou o dirixente recordándolles que “sodes unha das xeracións mellor preparadas, eu anímovos a perseguir os vosos soños. Nós, como sociedade e administracións, encargarémonos de ofrecervos todas as ferramentas e recursos posibles para que o consigades”.

 

Rematou Luis López a súa intervención subliñando o compromiso da Deputación co apoio á formación, o emprego e o emprendemento da sociedade pontevedresa co apoio a eventos como o Pont-up Store, recentemente clausurado; ou as 46 bolsas concedidas a estudantes de Formación Profesional para facer prácticas laborais en países da Unión Europea.

 

“Accións que contribuirán a fomentar o voso talento, a facer realidade os vosos proxectos e a construír en conxunto unha provincia máis competitiva, máis xusta e con oportunidades para todas e todos”, concluíu o presidente Luis López.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.