GALICIA
A Xunta aproba os domingos e festivos nos que as grandes superficies poderán abrir en 2024
Elixíronse os días 7 de xaneiro, 28 de marzo, 30 de xuño, 12 de outubro, os cinco domingos do mes de decembro e o 6 de decembro
A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos concretos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan as grandes superficies, poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2024.
Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: 7 de xaneiro, primeiro domingo do ano; 28 de marzo, Xoves Santo; 30 de xuño, domingo; 12 de outubro, Festa Nacional de España; os cinco domingos do mes de decembro (días 1, 8, 15, 22 e 29 de decembro); e o día 6 de decembro, Día da Constitución Española.
Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.
Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121