MOS
Máis de 60 participantes no Demostra, entre os que se atopan clasificados en primeiros postos no Marisquiño
Mañá durante todo o día o Skatepark de San Rafael en Pereiras acollerá competicións de BMX, Scooter e Skate, así como exhibicións de graffiti, música e obradoiros
O Festival de Cultura Urbana Demostra conta xa con 62 participantes inscritos prevendo aínda novas incricións durante hoxe e mañá. Por disciplinas os inscritos a momento actual son: 20 de BMX, 30 Scooter e 12 Skate.
Mañá celebrarase no Skatepark de San Rafael en Pereiras o Festival Demostra que contará en BMX con riders de nivel nacional como Ángel Alonso (Kota) de Vigo, 7° clasificado en O Marisquiño 2023, Álex Martínez (MiniPro) de Redondela, 1° clasificado Junior en O Marisquiño 2016 e 7° no Campionato de España 2018 e 2°en Rompetiño 2019, e tamén estará Hugo Fermoselle (Fermo) de Redondela, 5° en O Marisquiño 2022 e 4° en 2023, e 1° en O Choquiño 2021, 2022 e 2023, e 1° en Demostra 2019 e 2022 (é o vixente campión do festival Demostra e quere revalidar o seu título en Mos).
O Festival de Cultura Urbana Demostra, promovido pola Xunta de Galicia, foi presentado o pasado luns pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Participación Cidadá e Mocidade, Julia Loureiro, o edil da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e representantes da organización do evento.
O Festival de Cultura Urbana Demostra, terá lugar mañá sábado, día 7 de outubro. Esta iniciativa reunirá a amantes de diferentes disciplinas da cultura urbana no Skatepark de San Rafael en Pereiras.
Ao longo de toda a xornada de mañá sábado, realizaranse exhibicións de grafitti, skate, BMX ou scooter, entre outras actividades que detallamos a continuación:
10 h -22 h Exhibición grafitti
11 h -12 h Skate Amateur
12 h -13 h Skate Avanzado
12h -13 h 1ª Ronda de obradoiros
Xantar
16 h -17 h BMX Amateur
17 h -18 h 2ª Ronda de obradoiros
17 h-18 h BMX Avanzado
18h -19 h Scooter Amateur
19h -20 h 3ª Ronda de obradoiros
19 h -20 h Scooter Avanzado
20 h-21 h Entrega de premios e sorteos
22 h – 04 h Afterparty con DJ´s

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136