Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Octubre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A directora xeral de Innovación Educativa destaca o labor do Colexio Rural A Picaraña de Ponteareas

Estrea novo espazo de biblioteca escolar

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou a semana pasada o Colexio Rural Agrupado CRA A Picaraña de Ponteareas, con motivo da presentación das instalacións da súa biblioteca escolar, onde destacou “o gran labor” que exerce este centro “a prol da calidade, a excelencia e a innovación, grazas á participación activa do conxunto da comunidade educativa”.


O Colexio Rural Agrupado A Picaraña está constituído na actualidade por seis aulas de Educación Infantil, e máis unha sede central repartidas por unha ampla zona rural do concello pontevedrés de Ponteareas.


Desde o curso 2019-20 o centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, ao abeiro do cal recibe partidas específicas que, neste caso, empregaron para acondicionar o espazo da escola de Ganade, ata o de agora sen uso, como sede da nova biblioteca que dará servizo a todas as aulas do colexio. Así pois, o colexio conta agora cun espazo común, dotado dunha ampla colección de libros e outros recursos e aberta ao conxunto do alumnado. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.