Nigrán
O CPI Arquitecto Palacios e CEIP Mallón súmanse á limpeza de praias
Un total de 24 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CPI Arquitecto Palacios (Panxón) participaron esta fin de semana na ‘XII Limpeza Simultánea de Praias’ organizada por ADEGA coa colaboración do Concello. A recollida, desenvolvida na praia da Madorra durante 2 horas, foi dirixida por unha educadora ambiental da asociación ecoloxista, quen previamente lles impartíu unha charla no centro á que asistíu o alcalde, Juan González, e a edil de Educación, Estela Pérez. Entre o lixo recollido polos escolares destaca a gran cantidade de cabichas, seguido de pequenos plásticos e restos de aparellos de pesca e, como máis curioso, unha mesa de camping e dúas táboas de body-board. “O que máis lles chamou a atención á rapazada é que o aspecto da praia era de que estaba moi limpa, pero cando te fixas polo míudo atopas moito lixo, é o habitual”, comentan desde ADEGA.
Paralelamente, o CEIP Mallón organizou tamén con ADEGA unha limpeza de todo o alumnado en Praia América.
Este día ven organizándose en toda Galiza desde os últimos 11 anos. Trátase dun día de concienciación ambiental no cal o voluntariado anotado sae aos areias para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas mariños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163